© Chris Erlbeck © Chris Erlbeck

One way, eleven looks

Co proxecto expositivo Un camiño, once olladas (One way. Eleven looks) viaxamos a Bergen (Noruega), Riga (Letonia), Caltagirone (Italia) e Praga (República Checa).

Fixémonos cargo do deseño expositivo e da montaxe dunha mostra na que seis fotográfos galegos e cinco fotógrafas de diferentes puntos de Europa do Norte ofrecían a súa visión do camiño de Santiago. O que comezara en 1999 como un proxecto de Delmi Álvarez nos camiños portugués e francés converteuse nunha aventura na que se embarcaron, ademais de el mesmo, Fernando Bellas, Javier Teniente, Tino Martínez, Tino Viz, Xulio Villarino, Tine Harden, Katja Lösönen, Eva Persson, Christine Erlbeck e Signe Raikstina.

As montaxes lonxe da casa sempre teñen algunha complicación engadida pero con One Way. Eleven looks levábamos unha idea clara. A proposta de estruturación da exposición por autores, apoiándonos en muretes autoportantes para a exhibición das imaxes facilitounos moito as tarefas en cada espazo. Aprendimos unha chea de cousas ao traballar con diferentes axentes culturais en todas as cidades. Responsabilizámonos das localizacións, transporte de obra, montaxe, atención ao público, sinaléctica exterior, etc, e aínda nos quedou algo de tempo para facer turismo.