Portamérica 2013

Máis que un festival, Portamérica é unha aposta multidisciplinar da empresa Esmerarte, na que tivemos o pracer de colaborar asumindo a produción do evento.

O festival ten lugar no Porto do Molle, en Nigrán, un parque industrial de filosofía sostible promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo; a nosa tarefa era asistir a Esmerarte na adecuación e organización do espazo (escenarios, mercado, acampada, aseos, restauración, subministros) para o que contamos coa colaboración do arquitecto Andrés Touceda e montar as infraestruturas necesarias. Polas diferentes actividades de Portamérica 2013 pasaron ao redor de 19.000 persoas nunha edición cuxas cabezas de cartel foron Editors, Vetusta Morla, Café Tacvba e Lori Meyers.