World Fishing Exhibition

Presentación World Fishing Exhibition

  • Categorí­a:
  • Data: 11 Febreiro 2009
  • Cliente: World Fishing Exhibition

A Feira Mundial da Pesca (World Fishing Exhibition) é un evento central para Vigo e Galicia; nela dáse cita a industria pesqueira de todo o planeta.

Da importancia deste evento profesional dá idea o feito de que se celebre cada seis anos e que acudan representacións empresariais de máis de oitenta países. O comité executivo da feira, que preside Alfonso Paz Andrade, encargou a PXC o acto de presentación da edición de 2009, que se celebraría do 16 ao 19 de setembro. Poderiamos definir o evento de presentación, que se localizou na Estación Marítima de Vigo, como unha grande produción efémera na que debería significarse a relevancia da World Fishing Exhibition. Máis de cincocentos convidados, entre eles a daquela ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, participaron nesta presentación para a que deseñamos unha montaxe práctica aínda que efectista cun escenario con fronte en curva de máis de vinte metros de ancho.