Reunión Anual Informativa Caixanova

Dúas mil cincocentas persoas participaban na Reunión Anual Informativa de Caixanova, o punto de encontro anual de todo o persoal da entidade financeira que se desenvolvía no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Primeiro tiña lugar a reunión, coa presentación de resultados por parte da cúpula directiva e, despois, celebrábase unha cea con remate festivo e orquestra en directo. A entidade pedíanos a confección de dous escenarios nunha mesma área un deles para a reunión e o outro para a orquestra; debiamos encargarnos da carpintería, escaleiras, aforados, decoración, iluminación e equipos de son. Os traballos para este evento duraban case unha semana; as tarefas de montaxe, escenario, iluminación, son e carpintería duraban tres días, na véspera do evento, con todo xa preparado, procedíase a realizar un ensaio xeral e ao día seguinte do mesmo o espazo debía quedar baleiro e limpo.