Score

SCORE é unha exposición producida polo MARCO e comisariada por Sarra Brill e Anna Cestelli Guidi, que aborda a relación entre imaxe e son

SCORE é unha exposición producida polo MARCO e comisariada por Sarra Brill e Anna Cestelli Guidi, que aborda a relación entre imaxe e son. Dende o cinema experimental a obras conceptuais baseadas no cinema narrativo, e traballos que prestan especial atención á gramática do son e da imaxe en movemento, esta mostra reúne un conxunto de obras de 18 artistas de distintas xeracións, dende os anos setenta ata a actualidade. Entre eles, Douglas Gordon, Eugènia Balcells & Eugeni Bonet, Tony Conrad e Christian Marclay.