Servizo didáctico exposición Typewriter

Servizo didáctico exposición Typewriter

  • Categorí­a:
  • Data: Outubro 2011-Xaneiro 2012
  • Cliente: Cidade da Cultura
  • Máis info:

A Cidade da Cultura convidounos en setembro de 2011 a participar no concurso para o servizo didáctico da exposición Typewriter. A historia escrita a máquina, instalada na Cidade da Cultura entre xullo de 2011 e xaneiro de 2012 e comisariada por David Barro e Alfredo Sirvent.

Tratábase de levar a cabo dúas tarefas centrais: elaborar unha proposta de aproveitamento didáctico da exposición, composta por cento corenta máquinas de escribir procedentes da colección da familia viguesa Sirvent, e animar á participación dos centros educativos galegos acadando unha boa resposta no número de visitas. A experiencia de PXC na xestión do programa Vigo por Dentro e a proposta didáctica realizada pola pedagoga Paz Gonzalo contribuiron a gañar o concurso.

A primeira fase do traballo consistiu na elaboración dos materiais esixidos no concurso. Realizáronse materiais didácticos para todas as etapas educativas (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato) ao redor da máquina de escribir como obxecto transmisor de toda unha serie de coñecementos ao redor da historia, da música, da literatura, da ciencia, da arte, da lingua, etc. Os estudantes teñen un papel activo nas visitas; terán problemas que resolver, deberán implicarse e resolver enigmas. No caso dos máis pequerrechos a pedagoga Paz Gonzalo elaborou un conto, A montaña máxica, ao redor do cal xiraba a experiencia da visita e que conta coas ilustracións de Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración 2002.

Máis info