Transbordo espacial. Partituras gráficas

A peza que dá título á mostra é unha partitura xigante de 12 × 4,50 metros (ou 9 × 3 metros dependendo da sala na que se expoña). Unha partitura no chan que convida ao percorrido musical incorporando un código de relación cores-notas. Na Casa das Artes, foron os músicos de Vertixe Sonora Ensemble os que a percorreron.

Formado nas artes plásticas e visuais e considerándose a si mesmo un músico “de ouvido”, Pelayo Fernández Arrizabalaga botou man de aparellos visuais para comprender a notación musical. O que nacía como un sistema de apoio no seu desenvolvemento musical tomou forma como proxecto plástico-musical coa construción dun círculo cromático de notas. A nota DO era vermella e, fronte a ela, SI era dun ton verde prado. Primero foron temas de Charlie Parker pasados a cor; despois a escritura cromática de “Giant Steps” de John Coltrane e, como derivación lóxica, naceu a partitura xiratoria. Un cadro, si, pero susceptible de ser lido por un intérprete musical. Con motivo do 12º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons a súa obra foi exposta na Casa das Artes de Vigo.