Type in Motion Type in Motion. Fotos de Nando Iglesias Type in Motion. Fotos de Nando Iglesias

Type in Motion

Comisariada por Andrés Janser, conservador del Museum für Gestaltung Zürich, a mostra Type in Motion supuña un prato forte na programación da sede viguesa da Fundación Barrié.

Colaboramos neste proxecto co estudo Desoños, que se encargou do deseño da montaxe da exposición, que se instalou na planta baixa máis no terceiro e cuarto andar. As pezas de Type in Motion, vídeos musicais, spots publicitarios, videocreacións, animacións e subtítulos de filmes, ao redor do vasto mundo do texto en movemento, requirían un meticuloso traballo na súa distribución espacial. Había que ter especial coidado na instalación de reprodutores e pantallas. Non só se trataba de evitar interferencias sonoras e visuais no espazo, senón de crear posibilidades óptimas para que o público construíse os seus propios itinerarios á hora de gozar dunha mostra francamente divertida.

Saber máis desta exposición