Vigopordentro

  • Categorí­a:
  • Data: 2003-2011
  • Cliente: Concellería de Educación-Concello de Vigo

Desde o ano 2003 xestionamos o programa educativo extra escolar máis importante na cidade de Vigo, utilizando a cidade como espazo didáctico de primeira orde.

Máis de vinte mil nenas e nenos participan en Vigopordentro, que se desenvolve durante o curso escolar en colaboración cos centros educativos, ofrecéndolles a posibilidade de experimentar e coñecer a cidade desde diferentes ángulos. Non se trata de visitas ao uso. Trabállanse as propostas para que estean conectadas co currículo educativo. A comunidade escolar explora os barrios, entra nas empresas e instalacións industriais, coñece de primeira man distintas profesións e achégase ao patrimonio da cidade.

Máis de setecentos colexios participan cada curso neste programa no que o concello, ademais, corre a cargo do transporte comunitario nas visitas. Unha responsable de coordinación e seis monitoras forman o equipo que xestiona Vigopordentro; o programa enriquécese progresivamente coa incorporación de novas visitas e con iniciativas como a realización dalgunhas delas en inglés así como coa produción de materiais didácticos de apoio a estas experiencias dirixidos aos docentes.